MADAMAS E GALÁNS DE 5º PRIMARIA
domingo, 11 de febrero de 2018
MERENDOLA DE ENTROIDO 2018
O xoves antes de entroido decidimos facer unha merenda cos produtos
típicos. como sempre os pais achegaron toda clase de delicias da época.
Despois da merenda fixémonos fotos de recordo.
Despois da merenda fixémonos fotos de recordo.
viernes, 2 de febrero de 2018
VISITA DUN CIGARRÓN
Hoxe tivemos a sorte de que nos visitase no cole un cigarrón auténtico vestido co traxe tradicional.
Fomos todo o colexio a velo e contounos todo sobre o seu traxe e respondeu a todas as preguntas que quixemos facerlle.
É impresionante ver o traxe de preto!!!!.
sábado, 20 de enero de 2018
A HISTORIA DO ENTROIDO
Tal e como o coñecemos hoxe en día, o Entroido é unha tradición proveniente de países de fé Católica.
Foi a Igrexa na Idade Media quen lle puxo o nome que provén do latín carne- levare, que significa abandonar a carne.
Máis tarde prevalecería o vocábulo Italiano Carnevale
(deixar a carne), que é o comunmente usado hoxe en día, cuxo significado
fai referencia á época durante a que o pobo podía gozar dunha dieta
rica en carne, antes de comezar un período de 40 días de abstención,
coñecido para os católicos como Coresma.
En Galicia temos 7 entroidos recoñecidos oficialmente como “Festas de interese turístico”.
Xa desde o século XVIII hai documentos que recollen a celebración do Entroido en varios municipios galegos, sendo Ourense a que máis ten.
Imos fala dalgunhas delas:
En Xinzo os protagonistas son as pantallas que aparecen polas rúas o domingo previo ao entroido, o denominado “Domingo Corredoiro”, golpeando dous vejigas de vaca.
En Galicia temos 7 entroidos recoñecidos oficialmente como “Festas de interese turístico”.
Xa desde o século XVIII hai documentos que recollen a celebración do Entroido en varios municipios galegos, sendo Ourense a que máis ten.
Imos fala dalgunhas delas:
OS CIGARRÓNS
En Verín os cigarróns xa empezan a percorrer as rúas o domingo antes do entroido.
Destacan por levar unha máscara feita con madeira e pintada na que resaltan as cellas, as fazulas, o bigote e o máis importante un descarado sorriso. Prendida á máscara levan unha mitra na que aparece representado un animal ou algún motivo vexetal e pola parte posterior tamén vai tapada con pel.
Segundo a lenda, esta figura era un cobrador de impostos dos Condes de Monterrei e doutros señores da provincia.
OS VOLANTES DE CHANTADA
En Santiago de Arriba (Lugo) o entroido é todo un acontecemento. Esta pequena aldea da Ribeira Sacra é unha das que recuperou o tradicional Entroido Ribeirao.
A beiras do Miño celebráronse durante séculos estes ancestrais ritos de
fertilidade para as colleitas e celebración do próximo fin do inverno.
Ao son das gaitas, os volantes danzan facendo soar os seus chocas
mentres un deles cun gran pucho de cintas de cores baila e xira polas hortas e camiños da aldea atraendo así a boa sorte para as colleitas vindeiras.
AS PANTALLAS
En Xinzo os protagonistas son as pantallas que aparecen polas rúas o domingo previo ao entroido, o denominado “Domingo Corredoiro”, golpeando dous vejigas de vaca.
A súa máscara ou pantalla contén a imaxe da cara do demo con cornos e decorada con motivos astrales. O seu traxe está composto por camisa e calzones longos brancos, capa vermella ou negra, pañoleta, polainas negras, zapatos negros e faja vermella da que colgan os cencerros.
MADAMAS E GALÁNS
Durante os días que se celebra o entroido, de sábado a martes, desde as dez da mañá ata que se pon o sol, as “ Madamas ” e “ Galáns" percorren distintos lugares das parroquias de Santa Cristina e San Adrián de Cobres acompañados por unha charanga (gaiteiros), que ao son da música regalan cos seus bailes aos presentes alí por onde van.
Cos bailes, a música (xotas, muiñeiras, o agarrado) e a popular Danza de Cóbresvos –propia da zona- levan a festa de porta en porta a todos os veciños, especialmente a aqueles que por algún motivo (convalecencia, indisposición, etc) non poden asistir aos tradicionais actos de celebración do Entroido; mesmo, unha Madama acompañada polo Galán, entran na casa facendo emerxer o recordo dos tempos de mocidade.
Os personaxes:
Ao redor da celebración emerxe un mundo representativo de niveis sociais e roles, de xénero e posición económica, que se percibe tanto pola vestimenta común entre o grupo e diferenciadora do resto, como pola posición que ocupan en los pases, bailes e exhibicións:
1. Madamas: mulleres de posición social elevada, ocupan un lugar central no desrrollo do Entroido, cunha estética dirixida claramente a diferenciarse do resto.
2. Galáns: homes que pola súa posición e situación económica ansían a busca de parella entre as Madamas, polo que destacan sobre o resto.
3. Os de Branco: #podar ser tanto homes ou mulleres que ocupan unha posición intermedia, inferior á dos personaxes anteriores.
4. Aldeáns: ocupan o último elo da cadea e representan o grupo maioritario da sociedade e tempo ao que se refire.
Ten o Entroido de Cobres outros personaxes importantes que forman parte desta festa ancestral; A Corrida do Galo
O predicador é outro personaxe enigmático que non revela a súa
identidade, pero que no seu discurso fai critica de todos os
acontecementos ocorridos durante o ano non só nas parroquias de Sta.
Cristina e San Adrián de Cobres, senón tamén de actos puntuais que
ocorren no Concello; culturais, artísticos , políticos, deportivos
sociais, etc.
Este é, sen dúbida, outro dos grandes atractivos das festas, e en se
sermón repasará os acontecementos da vida social do Concello para burla
de moitos e verguenza duns poucos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)























