miércoles, 6 de diciembre de 2017

A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA



España é un estado democrático organizado e regulado por unha constitución.
Despois das eleccións xerais de 1977, as primeiras ocorridas en España logo dunha época de ditadura ; unha das tarefas principais das cortes foi a elaboración da constitución. 
A constitución española data desde o ano 1978 e é a norma á que están suxeitos os poderes públicos e os cidadáns españois. 
Contén 169 artigos. 
Ratificouse( aprobou) en referendo o día 6 de decembro de 1978, transformando o goberno de España como un estado social e democrático de dereito e baixo a forma política de monarquía parlamentaria. 
Desde aí cada 6 de decembro é un día de celebración nacional.

Proclama: 
• Un estado social e democrático de dereito . 
• Como valores superiores de ordenamento xurídico a liberdade, a xustiza ,a igualdade e o pluralismo político . 
• Afiánzase no principio de soberanía popular . 
• Establece a monarquía parlamentaria como forma de goberno. 
• Establece unha organización territorial baseada na autonomía de municipios , provincias e comunidades autónomas. 
• O rei é o xefe do estado , pero sen poder de decisión , dependendo do partido de goberno. 
• Permite a elección por sufraxio universal ( votacións coa maioría de idade aos 18 anos) dos representantes do pobo . 
• As cortes teñen dous cámaras o congreso dos deputados e o senado . Ambas comparten o poder lexislativo (goberno) , aínda que existe unha maior importancia do congreso dos deputados que son responsables exclusivos da investidura do presidente do goberno. 
• O poder xudicial recae só nos xuíces e no consello xeral do poder xudicial é o seu máximo órgano de goberno . 
O tribunal constitucional controla que as leis e a actuación da administración pública axústense á Carta Magna. 
A constitución española é unha constitución escrita e ríxida, non se pode modificar . Pode ser adaptada ás novas realidades sociais sen interromper a súa continuidade. 
A constitución establece que o estado se organiza en divisións territoriais;
  • comunidades autónomas
  • provincias
  • municipios
O poder do estado reside nos cidadáns aos que representa e ten tres poderes independentes:
  1. Lexislativo; elabora e aproba as leis. Reside nas Cortes (congreso e senado
  2. O poder executivo: aplica as leis: exerceo o goberno elixido polos cidadáns
  3. Poder xudicial: fai cumplir as leis e reside nos tribunais de xustiza

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.