sábado, 20 de enero de 2018

A HISTORIA DO ENTROIDO

Tal e como o coñecemos hoxe en día, o Entroido é unha tradición proveniente de países de fé Católica. Foi a Igrexa na Idade Media quen lle puxo o nome que provén do latín carne- levare, que significa abandonar a carne. Máis tarde prevalecería o vocábulo Italiano Carnevale (deixar a carne), que é o comunmente usado hoxe en día, cuxo significado fai referencia á época durante a que o pobo podía gozar dunha dieta rica en carne, antes de comezar un período de 40 días de abstención, coñecido para os católicos como Coresma. 
En Galicia temos 7 entroidos recoñecidos oficialmente como “Festas de interese turístico”.
 Xa desde o século XVIII hai documentos que recollen a celebración do Entroido en varios municipios galegos, sendo Ourense a que máis ten. 
Imos fala dalgunhas delas:
OS CIGARRÓNS



En Verín os cigarróns xa empezan a percorrer as rúas o domingo antes do entroido. 
Destacan por levar unha máscara feita con madeira e pintada na que resaltan as cellas, as fazulas, o bigote e o máis importante un descarado sorriso. Prendida á máscara levan unha mitra na que aparece representado un animal ou algún motivo vexetal e pola parte posterior tamén vai tapada con pel. 
Segundo a lenda, esta figura era un cobrador de impostos dos Condes de Monterrei e doutros señores da provincia.
OS VOLANTES DE CHANTADA
 En Santiago de Arriba (Lugo) o entroido é todo un acontecemento. Esta pequena aldea da Ribeira Sacra é unha das que recuperou o tradicional Entroido Ribeirao. 
 A beiras do Miño celebráronse durante séculos estes ancestrais ritos de fertilidade para as colleitas e celebración do próximo fin do inverno. 
Ao son das gaitas, os volantes danzan facendo soar os seus chocas mentres un deles cun gran pucho de cintas de cores baila e xira polas hortas e camiños da aldea atraendo así a boa sorte para as colleitas vindeiras.
AS PANTALLAS 


En Xinzo os protagonistas son as pantallas que aparecen polas rúas o domingo previo ao entroido, o denominado “Domingo Corredoiro”, golpeando dous vejigas de vaca. 
A súa máscara ou pantalla contén a imaxe da cara do demo con cornos e decorada con motivos astrales. O seu traxe está composto por camisa e calzones longos brancos, capa vermella ou negra, pañoleta, polainas negras, zapatos negros e faja vermella da que colgan os cencerros.
MADAMAS E GALÁNS 
 

Durante os días que se celebra o entroido, de sábado a martes, desde as dez da mañá ata que se pon o sol, as “ Madamas ” e “ Galáns" percorren distintos lugares das parroquias de Santa Cristina e San Adrián de Cobres acompañados por unha charanga (gaiteiros), que ao son da música regalan cos seus bailes aos presentes alí por onde van. 
Cos bailes, a música (xotas, muiñeiras, o agarrado) e a popular Danza de Cóbresvos –propia da zona- levan a festa de porta en porta a todos os veciños, especialmente a aqueles que por algún motivo (convalecencia, indisposición, etc) non poden asistir aos tradicionais actos de celebración do Entroido; mesmo, unha Madama acompañada polo Galán, entran na casa facendo emerxer o recordo dos tempos de mocidade.
 Os personaxes: 
Ao redor da celebración emerxe un mundo representativo de niveis sociais e roles, de xénero e posición económica, que se percibe tanto pola vestimenta común entre o grupo e diferenciadora do resto, como pola posición que ocupan en los pases, bailes e exhibicións: 
1. Madamas: mulleres de posición social elevada, ocupan un lugar central no desrrollo do Entroido, cunha estética dirixida claramente a diferenciarse do resto. 
2. Galáns: homes que pola súa posición e situación económica ansían a busca de parella entre as Madamas, polo que destacan sobre o resto. 
3. Os de Branco: #podar ser tanto homes ou mulleres que ocupan unha posición intermedia, inferior á dos personaxes anteriores. 
4. Aldeáns: ocupan o último elo da cadea e representan o grupo maioritario da sociedade e tempo ao que se refire. 
Ten o Entroido de Cobres outros personaxes importantes que forman parte desta festa ancestral; A Corrida do Galo 
 O predicador é outro personaxe enigmático que non revela a súa identidade, pero que no seu discurso fai critica de todos os acontecementos ocorridos durante o ano non só nas parroquias de Sta. Cristina e San Adrián de Cobres, senón tamén de actos puntuais que ocorren no Concello; culturais, artísticos , políticos, deportivos sociais, etc. 
Este é, sen dúbida, outro dos grandes atractivos das festas, e en se sermón repasará os acontecementos da vida social do Concello para burla de moitos e verguenza duns poucos 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.