lunes, 18 de diciembre de 2017

TRADICIONS DE NADAL

TRADICIÓNS DE NADAL : O ACIVRO

O acivro é outra planta moi relacionada co Nadal. É un arbusto con brillantes follas espiñentas e dun verde intenso. 
Segundo a tradición celta , o acivro ten propiedades máxicas , utilizábase antigamente para acougar a febre e como tranquilizante, polo que era considerado un arbusto sacro que utilizaban no solsticio de inverno para atraer sorte e prosperidade. 
Dese costume ben que en Nadal se recollemos unha rama de acivro da igrexa (nalgúns países de norte de Europa decóranse as igrexas con acivro durante o nadal) e plantámola no xardín de casa protexeraa do lume , os lóstregos e calquera mal presaxio , pero para conservar a boa sorte , non hai que queimar acivro nin esmagar o seu froitos. 
Xunto co muérdago e a flor de Pascua, son as plantas que simbolizan o Nadal e están rodeadas de maxia e lendas. Os druídas construían as súas varitas con ramas de acivro para os seus xuízos xa que segundo conta a lenda a esta árbore non se lle pode enganar ou mentir. Utilizábano para facer amuletos e como protección durante o inverno, considerábano unha árbore máxica capaz de protexer . Consideraban que rexeitaba os raios, por iso é polo que rodeaban as súas casa de acivro. 
Hoxe en día o acivro ( aínda que está en vía de extinción haino artificial) é sinónimo de Nadal e colócase na entrada do fogar para protexer , xa que trae sorte e protección onde se deixe. Regalar acivro é simbolo de sinceridade e amizade

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

O MAGOSTO NO CÍES 2024