España é un estado democrático organizado e regulado por unha constitución.
Despois das eleccións xerais de 1977, as primeiras ocorridas en España logo dunha época de ditadura ; unha das tarefas principais das cortes foi a elaboración da constitución.
A constitución española data desde o ano 1978 e é a norma á que están suxeitos os poderes públicos e os cidadáns españois.
Contén 169 artigos.
Ratificouse( aprobou) en referendo o día 6 de decembro de 1978, transformando o goberno de España como un estado social e democrático de dereito e baixo a forma política de monarquía parlamentaria.
Desde aí cada 6 de decembro é un día de celebración nacional.
Proclama:
Proclama:
• Un estado social e democrático de dereito .
• Como valores superiores de ordenamento xurídico a liberdade, a xustiza ,a igualdade e o pluralismo político .
• Afiánzase no principio de soberanía popular .
• Establece a monarquía parlamentaria como forma de goberno.
• Establece unha organización territorial baseada na autonomía de municipios , provincias e comunidades autónomas.
• O rei é o xefe do estado , pero sen poder de decisión , dependendo do partido de goberno.
• Permite a elección por sufraxio universal ( votacións coa maioría de idade aos 18 anos) dos representantes do pobo .
• As cortes teñen dous cámaras o congreso dos deputados e o senado . Ambas comparten o poder lexislativo (goberno) , aínda que existe unha maior importancia do congreso dos deputados que son responsables exclusivos da investidura do presidente do goberno.
• O poder xudicial recae só nos xuíces e no consello xeral do poder xudicial é o seu máximo órgano de goberno .
O tribunal constitucional controla que as leis e a actuación da administración pública axústense á Carta Magna.
A constitución española é unha constitución escrita e ríxida, non se pode modificar . Pode ser adaptada ás novas realidades sociais sen interromper a súa continuidade.
A constitución establece que o estado se organiza en divisións territoriais;
- comunidades autónomas
- provincias
- municipios
- Lexislativo; elabora e aproba as leis. Reside nas Cortes (congreso e senado
- O poder executivo: aplica as leis: exerceo o goberno elixido polos cidadáns
- Poder xudicial: fai cumplir as leis e reside nos tribunais de xustiza
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.