lunes, 4 de diciembre de 2017

TRADICIONS NADAL :GALICIA

O APALPADOR- GALICIA
  O Apalpador é un carboeiro que baixa as noites do 24 ou 31 de decembro, dependendo do pobo ou casa, para tocar ou apalpar a barriga dos nenos e así comprobar que estiveron ben alimentados durante o ano. 
Déixalles castañas, agasallos e desexos dun ano cheo de felicidade e comida. 
O Apalpador provén da montaña de Lugo, da zona este de Galicia, o Courel, os Ancares e as zonas de Trives en Ourense e o Bierzo en León. No pobo de Melide é tan querido, que mesmo existe un albergue co seu nome. 
Moito antes que Papá Noel en Galicia existía a figura do Apaldador. 
Ademais das castañas, o vello carboeiro conseguía nos soutos a madeira coa que tallaba xoguetes para os nenos e nenas. A noite de Nadal baixaba das devesas e entraba ás agachadas nas casas. Entón, achegábase a eles e palpáballes a barriga para ver se estaban ben alimentados. Se estaban cheas dicía o seu esconxuro –“Así, así esteas todo ou ano” Contan que as aldeas de Ou Caurel e Os Ancares son o último lugar onde se oíron historias ao redor deste personaxe mítico cuxo orixe podería estar mesmo no veciño Portugal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

O MAGOSTO NO CÍES 2024