O ano Novo celébrase o 1 de xaneiro na maioría do mundo porque os españois , portugueses e franceses así o fixeron a partir de 1582 levándoo ás súas colonias daquel entón e estendéndoo ao adoptar o calendario gregoriano.
As doce uvas "da sorte" comezaron a tomarse de maneira masiva en España na Noitevella de 1909, debido a un excedente da colleita en Alacante.
Con todo xa no século XIX existía o costume entre os burgueses españois comer uvas e brindar con champaña para despedir o ano.
Segundo a tradición, na mesa colócanse 12 uvas diante de cada comensal que simbolizan os 12 meses do ano e que deben comerse con cada unha das badaladas do reloxo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.