viernes, 5 de enero de 2018

OS REIS MAGOS



Os nomes cos que hoxe os coñecemos Melchor , Gaspar e Baltasar aparecen por primeira vez nun mosaico italiano do século VI. Os tres reis representaban as tres razas do mundo coñecido naquela época. 
Melchor con barba branca , ofrece ouro, símbolo de nobreza e realeza , Gaspar ofrece incenso , símbolo do prezado e o divino , Baltasar ofrece mirra, símbolo da natureza humana de Xesucristo. 

Roscón de Reis

O roscón de Reis é o doce típico do almorzo ou da sobremesa da comida do día 6 de xaneiro festividade dos Reis Meigos. 
As súas orixes están no imperio romano , nas festas dedicadas ao deus Saturno ( Saturnalias) . 
Na festividade do deus Jano , que se celebraba no principio do ano repartíase entre os pobres uns sopapos doces de forma circular que contiñan unha faba no seu interior, a faba representa a prosperidade e o que a atopaba era aclamado rei por un día. 
A España a tradición do Roscón de Reis chegou cos Borbóns. 
O roscón ten a súa simboloxía : as froitas escarchadas vermellas e verdes simbolizan os rubíes e esmeraldas que se supón adornaban os mantos e coroas dos tres Reis Meigos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

O MAGOSTO NO CÍES 2024