O Pergamiño Vindel é un pergamiño copiado a finais do século XIII ou comezos do XIV que contén sete cantigas de amigo do trobador galego Martín Codax.
O descubrimento deste pergamiño debeuse ao azar. O comerciante de libros antigos Pedro Vindel atopouno na súa librería, en 1914, na garda interior dun exemplar do libro «De officiis» de Cicerón, do século XIV
Desapareceu ao pouco tempo de ser descuberto, créndose perdido durante moitos anos.
Despois foi adquirido a Pedro Vindel polo diplomático e musicólogo Rafael Mitjana e Gordón, quen o depositou na súa biblioteca de Upsala, cidade sueca onde residía por aquel entón. Á súa morte, a biblioteca pasou á súa viúva e posteriormente foi vendida polos seus herdeiros.
Despois de varias vicisitudes, foi comprado pola Morgan Library de Nova York, onde se conserva desde 1977.
O tamaño do pergamiño é de 34 x 45 cm.
Está escrito por unha soa cara a
catro columnas, con 26, 24, 23 e 17 liñas respectivamente.
A primeira
columna contén 5 pentagramas, 6 a segunda, 6 a terceira e 4 a cuarta.
O texto foi escrito en tinta negra e os pentagramas en tinta vermella.
As iniciais están ornamentadas en azul e vermello. O nome do xograr Martín Codax aparece na parte superior do pergamiño, en vermello.
Os seus textos xa eran coñecidos por formar parte dos cancioneros sen música da lírica galaicoportuguesa. Con todo, a súa música constitúe, xunto coas sete cantigas de amor de Don Denís, achadas no Pergamiño Sharrer,
as únicas mostras que se atoparon ata a data da canción profana
galaico-portuguesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.